Pasta rechea de níscalos e gambóns en caldo mariñeiro.

Ingredientes:

  • 200g de Níscalos (Lactarius deliciosus)
  • 1 cebola
  • 1/4 de pemento (verde e/ou vermello)
  • 5 gambóns
  • 1 dente de allo
  • auga
  • maicena
  • sal
  • pementa
  • pimentón
  • fariña
  • leite

 

Paso1º

Coas cabezas dos gambóns facemos un aceite infusionado nun cazo pequeno. Cando esté feito, retiramos as cabezas dos gambóns e reservámolas para máis adiante.

Paso2º

Con ese aceite pochamos o pemento, a cebola e o allo. Cando estea feito incorporamos os níscalos e os gambóns ben picados e salteámolos un pouco.

Paso3º

Botamos unha culler de fariña e deixamos que se rehogue ben, mentras engadimos un pouco de leite até conseguir unha textura de bechamel algo densa, para encher a pasta.

Paso 4º

Por outro lado e ao mesmo tempo, douramos ben as cabezas dos gambóns nun cazo con aceite. Incorporamos pemento vermello e cebola e pochamos conxuntamente. Cando esté feito engadimos auga e deixamos cocer como máximo 15 min.

Paso5º

Trituramos todo o do “Paso 4º” e colamos esa auga para facer o noso caldo mariñeiro.

Si vemos que queda líquido ligaremos con maicena.

Paso 6º

Cocemos as conchas de pasta aparte até que queden “al dente”, do contrario romperíanse ao enchelas co recheo.

Escurrímolas e enchémolas co recheo feito no “Paso 2º e 3º” e servímolas acompañadas polo caldo mariñeiro feito no “Paso 5º”.

M.Nodar

Ingredientes:

  • 200g de Níscalos (Lactarius deliciosus)
  • 1 cebolla
  • 1/4 de pimiento (verde y/o rojo)
  • 5 gambones
  • 1 diente de ajo
  • agua
  • maicena
  • sal
  • pimienta
  • pimentón
  • harina
  • leche

 

Paso1º

Con las cabezas de los gambones hacemos un aceite infusionado en un cazo pequeño. Cuando esté hecho retiramos las cabezas de los gambones y las reservamos para más adelante.

Paso2º

Con ese aceite pochamos el pimiento, la cebolla y el ajo. Cuando esté hecho le incorporamos los níscalos y los gambones bien picados y salteamos la mezcla un poco.

Paso3º

Echamos una cucharada de harina y dejamos que se rehogue bien, mientras añadimos un poco de leche hasta conseguir una textura de becahmel algo densa, para rellenar la pasta.

Paso 4º

Por otro lado y al mismo tiempo, doramos bien las cabezas de los gambones en un cazo con aceite. Incorporamos pimiento rojo y cebolla y los pochamos. Cuando esté hecho añadimos agua y lo dejamos cociendo como máximo 15 min.

Paso5º

Trituramos todo lo del “Paso 4º” y colamos esa agua para hacer nuestro caldo marinero.

Si vemos que queda líquido ligaremos con maicena.

Paso 6º

Cocemos las conchas de pasta aparte hasta que queden “al dente”, de lo contrario se romperían al rellenarlas.

Las escurrimos y rellenamos con el relleno hecho en el “Paso 2º y 3º” y las servimos compañadas por el caldo marinero hecho en el “Paso 5º”.

 

Advertisement

Rolos de primavera con hidnum repandun

Ingredientes:

  • 150g de Hidnum repandun
  • 1 paquete de pasta filo
  • 1/4 de repolo ou col china (200g aprox)
  • 100g de cenoria raiada
  • brotes de bambú (ao gusto)
  • 1 cebola mediana
  • sal
  • pementa
  • aceite
  • xenxibre (opcional)
  • salsa agridoce para acompañar

 

Paso1º

Limpamos ben os cogomelos.

Cortamos finamente o repolo e a cebola “en juliana” e raiamos a cenoria.

Paso2º

Salteamos todo o anterior nunha tixola ou wok, cun pouco aceite, sal e pementa. Podes engadirlle os brotes de bambú e o xenxibre.

Paso3º

Cortamos á metade e lonxitudinalmente as láminas de pasta filo e logo cortamos esas tiras á metade.

Paso 4º

Collemos unha pequena cantidade das verduras e cogomelos salteados e poñémola nunha esquina dos pedazos de pasta filo que cortamos antes. Enrolamolo pechando ben os bordes.

Paso5º

Agora temos dúas opcións para cociñar os rolos de primavera: freilos ou metelos no forno até que queden ben dourados.

Paso 6º

Servimos os rolos de primavera con salsa agridoce.

Esta receita pódese facer con calquer cogomelo que teña unha textura similar ao Hidnum repandum.

M.Nodar

Ingredientes:

  • 150g de Hidnum repandun
  • 1 paquete de pasta filo
  • 1/4 de repollo o col china (200g aprox)
  • 100g de zanahoria rayada
  • brotes de bambú (al gusto)
  • 1 cebolla mediana
  • sal
  • pimienta
  • aceite
  • gengibre (opcional)
  • salsa agridulce para acompañar

 

Paso1º

Limpamos bien las setas.

Cortamos finamente el repollo y la cebolla “en juliana” y rayamos la zanahoria.

Paso2º

Salteamos todo lo anterior en una sartén o wok, con un poco aceite, sal y pimienta. Puedes añadirle los brotes de bambú y el gengibre.

Paso3º

Cortamos a la mitad y longitudinalmente las láminas de pasta filo y después cortamos esas tiras a la mitad.

Paso 4º

Cojemos una pequeña cantidad de las verduras y las setas salteadas y la ponemos en una esquina de los trozos de pasta filo que cortamos antes. Lo enrollamos cerrando bien los bordes.

Paso5º

Ahora temos dos opciones para cocinar los rollos de primavera: freirlos o meterlos en el horno hasta que queden bien dorados.

Paso 6º

Servimos los rollos de primavera con salsa agridulce.

Esta receta se puede hacer con cualquer seta que tenga una textura similar al Hidnum repandum.

 

Bases do VIII Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico

Co obxectivo de contribuír á divulgación da micoloxía en xeral e, en particular, de familiarizar  á poboación escolar co mundo dos cogomelos e cos seus ecosistemas, e de formar no respecto ao patrimonio natural e  paisaxístico, a asociación Estrada Micolóxica  convoca  a terceira edición  do Concurso escolar de debuxo micolóxico para o alumnado de 6º curso de primaria dos colexios da Estrada que se rexerá polas seguintes bases:

  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria matriculados nos colexios do municipio da Estrada.
  2. Convócase un único premio para cada colexio participante. O xurado concederao escollendo entre os diferentes traballos presentados por cada centro.

O premio, igual para os diferentes centros, consistirá nun pequeno lote con material axeitado ás saídas de campo dun afeccionado á micoloxía.

  1. Entre os premiados de cada colexio escollerase un gañador final cuxo  premio consistirá en reproducir o seu debuxo como motivo do cartel das xornadas micolóxicas do ano 2019.
  2. No marco da convocatoria  “VIII concurso escolar de debuxo micolóxico” o motivo, a técnica compositiva e o formato serán libres, fixándose como formato máximo o DIN A3.
  3. Os traballos serán recollidos por un profesor do centro nun sobre co nome do mesmo. O profesor encargarase de numeralos elaborando unha relación cos nomes dos autores correspondentes que gardará ata que o xurado lle comunique o fallo do seu centro, momento no que identificará o premiado.
  4. O prazo de entrega do sobre de cada centro a Estrada Micolóxica  rematará o venres 23 de novembro.
  5. O xurado estará compostos por 4 representantes de Estrada Micolóxica e por un pintor local recoñecido.
  6. Os traballos presentados poderán publicarse, individual ou colectivamente,  na web https://estradamicoloxica.wordpress.com e en publicacións que realice a Estrada Micolóxica.
  7. O fallo darase a coñecer coa apertura da mostra micolóxica o 28 de novembro.
  8. Os premios entregaranse ao longo da degustación na clausura da mostra o sábado 1 de decembro.

 

Bases do VII Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico

Co obxectivo de contribuír á divulgación da micoloxía en xeral e, en particular, de familiarizar  á poboación escolar co mundo dos cogomelos e cos seus ecosistemas, e de formar no respecto ao patrimonio natural e  paisaxístico, a asociación Estrada Micolóxica  convoca  a terceira edición  do Concurso escolar de debuxo micolóxico para o alumnado de 6º curso de primaria dos colexios da Estrada que se rexerá polas seguintes bases:

  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria matriculados nos colexios do municipio da Estrada.
  2. Convócase un único premio para cada colexio participante. O xurado concederao escollendo entre os diferentes traballos presentados por cada centro.

O premio, igual para os diferentes centros, consistirá nun pequeno lote con material axeitado ás saídas de campo dun afeccionado á micoloxía.

  1. Entre os premiados de cada colexio escollerase un gañador final cuxo  premio consistirá en reproducir o seu debuxo como motivo do cartel das xornadas micolóxicas do ano 2016.
  2. No marco da convocatoria  “V concurso escolar de debuxo micolóxico” o motivo, a técnica compositiva e o formato serán libres, fixándose como formato máximo o DIN A3.
  3. Os traballos serán recollidos por un profesor do centro nun sobre co nome do mesmo. O profesor encargarase de numeralos elaborando unha relación cos nomes dos autores correspondentes que gardará ata que o xurado lle comunique o fallo do seu centro, momento no que identificará o premiado.
  4. O prazo de entrega do sobre de cada centro a Estrada Micolóxica  rematará o luns 9 de Novembro.
  5. O xurado estará compostos por 4 representantes de Estrada Micolóxica e por un pintor local recoñecido.
    1. Os traballos presentados poderán publicarse, individual ou colectivamente,  na web https://estradamicoloxica.wordpress.com e publicacións que realice a Estrada Micolóxica.

A resolución do concurso farase durante a clausura das actividades de outono da Estrada Micolóxica.

Bases do VI Concurso Fotográfico da Estrada Micolóxica

Obxectivo.

O obxectivo de este concurso é incentivar a participación no mundo da micoloxía, e a fotografía como medio de difusión e coñecemento dos fungos.

As fotografías presentadas no concurso de esta edición terán como temática: “Os fungos e o entorno que os rodea”

Premio.

Existirá un único premio para a mellor fotografía, que consistirá nun fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural de A Estrada. (coa colaboración da Asociación de Turismo Rural e Ocio Mar de Compostela)

Condicións.

1-      Poderán participar todas as persoas físicas sen discriminación de ningún tipo.

2-      Cada concursante poderá presentar 3 fotografías.

3-      A fotografía terá un tamaño libre e presentarase montada nunha cartolina, cun tamaño de 30x40cm.

4-      A fotografía deberá levar un título e o pseudónimo do autor por detrás da cartolina.

5-      Nun sobre aparte e pechado incluirase unha nota na que constará o nome e apelidos, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico. Dito sobre levará no seu exterior o título e o pseudónimo do autor.

6-      A fotografía e o sobre presentado non poderán levar ningún distintivo ou sinatura que poida identificar a súa autoría.

7-      As fotografías presentadas serán orixinais e inéditas e non se admitirá ningunha fotografía con retoques dixitais.

8-      A fotografía gañadora pasara a formar parte do arquivo fotográfico da Asociación A Estrada Micolóxica, cedendo os seus dereitos para ser exposta e facer uso dela en publicacións da Asociación A Estrada Micolóxica.

Prazos.

Os traballos poderán presentarse no IES Antón Losada Diéguez, Rúa da Cultura nº2, A Estrada, Pontevedra, 36680; ata o 24 de novembro, inclusive.

A resolución do concurso farase durante a clausura das actividades de outono da Estrada Micolóxica. A persoa gañadora será comunicada por vía telefónica.

A Asociación porase en contacto coa persoa gañadora para facerlle entrega do premio.

Xurado.

O xurado estará composto por representantes da Asociación A Estrada Micolóxica e unha persoa profesional da fotografía de A Estrada.

A participación neste concurso implica a total aceptación das  bases.