Actividades 2018

Outro ano máis comezamos as actividades da Asociación Estrada Micolóxica no mes de outubro.

Tódalas actividades que faremos serán no Auditorio de NovaGalicia Banco da Estrada. (mapa)

As charlas comezarán ás 20:00h da data correspondente.

Comezamos as charlas coa iniciación á micoloxía, que a impartirá a nosa presidenta da Asociación, Mercedes Nodar o venres 5 de outubro.
Seguiremos con catro charlas máis sobre as seguintes temáticas:

19 de outubro. Jaime Blanco – Xénero Leccinum.
2 de novembro. José Antonio Loren – Da micoloxía á micoterapia.
16 de novembro. José M. Castro Marcote – Ascomicetos.
1 de Decembro. Julián Alonso Diz – Xénero Lepiotas. (clausura)

Durante os domingos das semanas que hai charlas temáticas, faranse saídas ao monte para a identificación e recolección de cogomelos. O punto de encontro para as saídas ao monte será a praza do Concello da Estrada (mapa) ás 10:00h. Para estas saídas ao monte é preciso inscribirse no seguinte formulario, toda aquela persoa que non sexa socia da Asociación Micolóxica, xa que as prazas son limitadas.

Este ano convócase o VIII Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico.

Para clausurar as actividades deste ano, os días 28, 29 e 30 de novembro faremos unha exposición con distintas especies de cogomelos en horario de 19:00h até as 21:00h.

A xornada de clausura será o 1 de decembro, coa entrega de premios do concurso de debuxo micolóxico e degustación de pinchos con cogomelos, todo logo da charla de Julián Alonso Diz.

Agardamos que vos gusten estas actividades e que participedes nelas.