Este ano comezamos as actividades da Asociación Estrada Micolóxica no mes de Setembro.
Tódalas actividades que faremos serán no Auditorio de NovaGalicia Banco da Estrada. (mapa)
As charlas comezarán ás 20:00h da data correspondente.
Como tódolos anos comezamos as charlas coa iniciación á micoloxía, que a impartirá a nosa presidenta da Asociación, Mercedes Nodar o venres 25 de Setembro.
Logo seguiremos con catro charlas máis sobre as seguintes temáticas:
9 de Outubro. Puri Lorenzo – Rúsulas para principiantes.
23 de Outubro. José Costa Lago – Discomycetes: Operculados e inoperculados.
6 de Novembro. Saúl de la Peña Lastra – Bosques de Galicia e algunhas especies asociadas.
21 de Novembro. Antonio Rodríguez – Cultivo de fungos saprófitos de interese comercial. Presente e futuro. (clausura)
Durante os domingos das semanas que hai charlas temáticas, faranse saídas ao monte para a identificación e recolección de cogomelos. O punto de encontro para as saídas ao monte será a praza do Concello da Estrada. (mapa) Non fai falta confirmar asistencia, basta con aparecer no punto de encontro ás 10:00h.
Este ano convócase o IV Concurso de Fotografía Micolóxica e o V Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico.
Para clausurar as actividades deste ano, dende o 18 até o 21 de Novembro faremos unha exposición con distintas especies de cogomelos e ademais tres talleres. Todas estas actividades de clausura serán en horario de 19:00h até as 21:00h, aproximadamente:
18 de Novembro. Taxonomía e microscopía micolóxica e uso dunha guía micolóxica.
19 de Novembro. Micorrización caseira con restos de fungos.
20 de Novembro. Celebración da Semana micolóxica de Galicia con tapas de cogomelos.
A xornada de clausura será o 21 de Novembro, coa entrega de premios dos concursos de fotografía e de debuxo micolóxico e degustación de pinchos con cogomelos, todo logo da charla de Antonio Rodríguez.
Agardamos que vos gusten estas actividades e que participedes nelas.