Actividades 2013

Este ano comezamos as actividades da Asociación Estrada Micolóxica no mes de Outubro, para evitar encontrarnos cos montes tan secos como o ano pasado.

Tódalas actividades que faremos serán no Auditorio de NovaGalicia Banco da Estrada. (mapa)

As charlas comezarán ás 20:00h da data correspondente.

Como tódolos anos comezamos as charlas coa iniciación á micoloxía, que a impartirá a nosa presidenta da Asociación, Mercedes Nodar o venres 4 de Outubro.
Logo seguiremos con catro charlas máis sobre as seguintes temáticas:

18 de Outubro. Marisa Castro – Cogomelos por ecosistemas.
25 de Outubro. Floro Andrés Rodríguez – Uso medicinal dos fungos.
8 de Novembro. Antonio Rodríguez – Cogomelos dos prados.
23 de Novembro. Puri Lorenzo – Creación dun xardín micolóxico. (clausura)

Durante os domingos das semanas que hai charlas temáticas, faranse saídas ao monte para a identificación e recolección de cogomelos. O punto de encontro para as saídas ao monte será a praza do Concello da Estrada. (mapa) Non fai falta confirmar asistencia, basta con aparecer no punto de encontro ás 10:00h.

Este ano convócase o II Concurso de Fotografía Micolóxica e o III Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico.

Como novidade, polo noso quinto aniversario, a Asociación Estrada Micolóxica organizará unha exposición sobre “O monte e os seus recursos” durante a semana do 21 ao 25 de Outubro. Esta exposición estará centrada para rapaces e colexios na que se explicará a necesidade de coidar e protexer os nosos montes para seguir gozando dos seus recursos durante moitas máis xeracións. Haberá mostras dos distintos produtos que se obteñen dos nosos montes.

Para clausurar as actividades deste ano, dende o 20 até o 22 de Novembro faremos unha exposición con distintas especies de cogomelos e ademais tres talleres. Todas estas actividades de clausura serán en horario de 19:00h até as 21:00h, aproximadamente:

20 de Novembro. Taxonomía e microscopía micolóxica.
21 de Novembro. Fotografía micolóxica.
22 de Novembro. Cultivo micolóxico.

A xornada de clausura será o 23 de Novembro, coa entrega de premios dos concursos de fotografía e de debuxo micolóxico e degustación de pinchos con cogomelos, todo logo da charla de Puri Lorenzo.

Agardamos que vos gusten estas actividades e que participedes nelas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s