Actividades 2012

O venres 7 de Setembro comezan as actividades de outono deste ano. E comezarán cunha charla de iniciación á micoloxía, que será impartida por Mercedes Nodar (presidenta da Estrada Micolóxica) Esta e tódalas demáis charlas, xunto cos talleres temáticos, impartiranse no Auditorio de NovaGalicia Banco da Estrada.

Seguirán outras charlas temáticas durante outros catro venres alternos. Estas charlas temáticas comezarán ás 20:00h e son as seguintes:

Durante os domingos das semanas que hai charlas temáticas, faranse saidas ao monte para a identificación e recolección de cogomelos.

Este ano convócase o I Concurso de Fotografía Micolóxica e continúase co II Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico, que vai pola segunda edición.

Durante a clausura destas actividades de outono, que vai dende o 14 ao 17 de Novembro, faranse varios talleres temáticos dende as 19:00h até as 21:00h, aproximadamente:

14 de Novembro. Cestería.

15 de Novembro. Taxonomía de cogomelos.

16 de Novembro. Microscopía.

E para rematar estas actividades con bo sabor de boca farase unha degustación de cogomelos logo da charla de clausura.

Advertisement

2 opinións sobre “Actividades 2012

  1. Hola, gustaríame poder facelas próximas actividades de cestería, taxonomía de cogomelos e microscopía. Cómo podo anotarme? Moitas gracias. Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s