Cartel 2018

Imaxe

 

Cartel-2015_calidade-alta

 

Advertisement

Bases do VIII Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico

Co obxectivo de contribuír á divulgación da micoloxía en xeral e, en particular, de familiarizar  á poboación escolar co mundo dos cogomelos e cos seus ecosistemas, e de formar no respecto ao patrimonio natural e  paisaxístico, a asociación Estrada Micolóxica  convoca  a terceira edición  do Concurso escolar de debuxo micolóxico para o alumnado de 6º curso de primaria dos colexios da Estrada que se rexerá polas seguintes bases:

  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria matriculados nos colexios do municipio da Estrada.
  2. Convócase un único premio para cada colexio participante. O xurado concederao escollendo entre os diferentes traballos presentados por cada centro.

O premio, igual para os diferentes centros, consistirá nun pequeno lote con material axeitado ás saídas de campo dun afeccionado á micoloxía.

  1. Entre os premiados de cada colexio escollerase un gañador final cuxo  premio consistirá en reproducir o seu debuxo como motivo do cartel das xornadas micolóxicas do ano 2019.
  2. No marco da convocatoria  “VIII concurso escolar de debuxo micolóxico” o motivo, a técnica compositiva e o formato serán libres, fixándose como formato máximo o DIN A3.
  3. Os traballos serán recollidos por un profesor do centro nun sobre co nome do mesmo. O profesor encargarase de numeralos elaborando unha relación cos nomes dos autores correspondentes que gardará ata que o xurado lle comunique o fallo do seu centro, momento no que identificará o premiado.
  4. O prazo de entrega do sobre de cada centro a Estrada Micolóxica  rematará o venres 23 de novembro.
  5. O xurado estará compostos por 4 representantes de Estrada Micolóxica e por un pintor local recoñecido.
  6. Os traballos presentados poderán publicarse, individual ou colectivamente,  na web https://estradamicoloxica.wordpress.com e en publicacións que realice a Estrada Micolóxica.
  7. O fallo darase a coñecer coa apertura da mostra micolóxica o 28 de novembro.
  8. Os premios entregaranse ao longo da degustación na clausura da mostra o sábado 1 de decembro.