Bases do IV Concurso Fotográfico da Estrada Micolóxica

Obxectivo.

O obxectivo de este concurso é incentivar a participación no mundo da micoloxía, e a fotografía como medio de difusión e coñecemento dos fungos.

As fotografías presentadas no concurso de esta edición terán como temática: “Os fungos e o entorno que os rodea”

Premio.

Existirá un único premio para a mellor fotografía, que consistirá nun fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural de A Estrada. (coa colaboración da Asociación de Turismo Rural e Ocio Mar de Compostela)

Condicións.

1-      Poderán participar todas as persoas físicas sen discriminación de ningún tipo.

2-      Cada concursante poderá presentar 3 fotografías.

3-      A fotografía terá un tamaño libre e presentarase montada nunha cartolina, cun tamaño de 30x40cm.

4-      A fotografía deberá levar un título e o pseudónimo do autor por detrás da cartolina.

5-      Nun sobre aparte e pechado incluirase unha nota na que constará o nome e apelidos, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico. Dito sobre levará no seu exterior o título e o pseudónimo do autor.

6-      A fotografía e o sobre presentado non poderán levar ningún distintivo ou sinatura que poida identificar a súa autoría.

7-      As fotografías presentadas serán orixinais e inéditas e non se admitirá ningunha fotografía con retoques dixitais.

8-      A fotografía gañadora pasara a formar parte do arquivo fotográfico da Asociación A Estrada Micolóxica, cedendo os seus dereitos para ser exposta e facer uso dela en publicacións da Asociación A Estrada Micolóxica.

Prazos.

Os traballos poderán presentarse no IES Antón Losada Diéguez, Rúa da Cultura nº2, A Estrada, Pontevedra, 36680; ata o 9 de Novembro, inclusive.

A resolución do concurso farase durante a clausura das actividades de outono da Estrada Micolóxica. A persoa gañadora será comunicada por vía telefónica.

A Asociación porase en contacto coa persoa gañadora para facerlle entrega do premio.

Xurado.

O xurado estará composto por representantes da Asociación A Estrada Micolóxica e unha persoa profesional da fotografía de A Estrada.

A participación neste concurso implica a total aceptación das  bases.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s