As charlas, saídas ó monte e actividades que organiza a asociación son abertas a todo aquel que queira participar sexa socio ou non, de A Estrada ou de fora.
Charlas dos Venres, de 20:00 a las 21:30 horas:
03/10/2014 Introducción á Micoloxía. Mercedes Nodar
17/10/2014 Cogomelos fora do outono. Puri Lorenzo
31/10/2014 Principais cogomelos comestibles, recolección masiva e mercado. Antonio Rodríguez López
14/11/2014 Xenero Lactarius. Jaime Blanco Dios
29/11/2014 As texturas na cociña dos cogomelos. Jose Luis Tomé
Saídas ó monte, sempre o domingo posterior á charla, dende a Praza do Concello ás 10:00:
5 e 19 de Outubro
2, 16 e 30 de Novembro
Semana micolóxica coa exposición de especímenes, ademáis de talleres de 19:00 a 21:00 horas agás o sábado 29 que como será a clausura coa entrega de premios e maila degustación de cogomelos remataremos máis aló das dez.
26 de novembro. CLASIFICACIÓN E TAXONOMÍA (aprenderemos a interpretar unha guía de cogomelos)
27 de novembro. DEBUXO MICOLÓXICO DE CAMPO (para adultos e nenos, con lápices e acuarelas)
28 de novembro. COMO FABRICAR UN SECADOIRO DE SETAS CASEIRO
29 de novembro. CLAUSURA, ENTREGA DE PREMIOS E DEGUSTACIÓN DE COGOMELOS
As veces, se atopamos cogomelos dabondo organizamos os luns unha cea na casa rural de Curantes “Val Fresco” donde para completa-la formación limpamos, troceamos e cociñamos os fungos.
IV concurso escolar de debuxo micolóxico en onde participan os nenos de sexto de todolos colexios e o gañador, ademáis de recibir un agarimo, terá a satisfacción de que o seu debuxo sexa o cartaz do ano seguinte. O vencedor do ano pasado foi Jorge Rey Oro do CEIP Perez Viondi
III Concurso de fotografía Micolóxica para o que temos o premio dunha fin de semá nunha das casas rurais que pertencen a asociación Mar de Compostela. O ano pasado o vencedor foi Martín Cimadevila.
Pingback: Estrada Micolóxica diseña dos meses de charlas, concursos y salidas al monte
hola, gustariame participar, pero non sei onde son os encontros. poderiadelo especificar oou enviarme un mail??
saudos