Puri Lorenzo: “Tricolomas”

Para a charla de clausura invitamos a unha amiga e excelente micóloga: Puri Lorenzo, que nos achegou o xénero Tricholoma. Éste é un xénero moi descoñecido para a maioría das persoas afeccionadas á micoloxía.

Puri explicounos un xénero tan complexo dunha forma moi sinxela, agrupándoos pola súa cor, e fixo que todos os asistentes vírano un pouco máis doado do que é.

Destacou a importancia da toxicidade do Tricholoma Equestre, cogumelo anteriormente comestible de forma asidua por moitas afeccionadas á micoloxía e que agora considérase tóxico.

Ao finalizar a charla, Puri acompañou ás persoas asistentes aos pinchos de cogomelos que se prepararon para clausurar estas xornadas micolóxicas deste ano.

Advertisement

Ricardo Torrijos: “Cogomelos nos fogóns”

Os cogomelos son un manxar de moda e tan importante é coñecelos no monte como saber preparalos logo na cociña. Por iso, e pola demanda das persoas socias da asociación, decidimos adicar este ano unha das charlas aos cogomelos nos fogóns. Ricardo Torrijos, socio da Estrada Micolóxica e da Cantarela de Vilagarcía, é un afeccionado á micoloxía dende fai moito tempo e encántalle cociñalos, logo de recollelos no monte.

Ricardo sabe como sacar o maior partido a cada tipo de cogomelo. Díxonos como podíamos conservalos (secos, conxelados, confitados, ao natural, en vonagre, cociñadas e logo conxeladas,…) para poder degustalos durante todo o ano. Aconsellounos o tipo de conservación segundo o tipo de cogomelo:

  • Boletus edulis: acepta moi ben calquera das formas de conservación
  • Cantarellus e Marasmius: admiten moi ben o secado
  • Cantarellus tubaeformis, cibarius, Cornucopioides, Lutescens: marmeladas ou confitadas
  • Lastarius deliciosus, Cantarellus e Boletus: curtidos
  • Calquer cogomelo: salteadas e logo conxeladas.

Pero Torrijos tamén nos deleitou con unas das súas receitas: crema de boletus, cantarellus confitados, ensaladas e deliciosos postres con cogomelos.

As fotos mostran unha charla moi concorrida xa que todos queremos saber como sacarlle o maior partido a estas maravillas do monte.