Bases do II Concurso escolar de debuxo micolóxico

Co obxectivo de contribuír á divulgación da micoloxía en xeral e, en particular, de familiarizar  á poboación escolar co mundo dos cogomelos e cos seus ecosistemas, e de formar no respecto ao patrimonio natural e  paisaxístico, a asociación Estrada Micolóxica  convoca  a primeira edición  do Concurso escolar de debuxo micolóxico para o alumnado de 6º curso de primaria dos colexios da Estrada que se rexerá polas seguintes bases:

  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria matriculados nos colexios do municipio da Estrada.
  2. Convócase un único premio para cada colexio participante. O xurado concederao escollendo entre os diferentes traballos presentados por cada centro.

O premio, igual para os diferentes centros, consistirá nun pequeno lote con material axeitado ás saídas de campo dun afeccionado á micoloxía.

  1. Entre os premiados de cada colexio escollerase un gañador final cuxo  premio consistirá en reproducir o seu debuxo como motivo do cartel das xornadas micolóxicas do ano 2013.
  2. No marco da convocatoria  “II concurso escolar de debuxo micolóxico” o motivo, a técnica compositiva e o formato serán libres, fixándose como formato máximo o DIN A3.
  3. Os traballos serán recollidos por un profesor do centro nun sobre co nome do mesmo. O profesor encargarase de numeralos elaborando unha relación cos nomes dos autores correspondentes que gardará ata que o xurado lle comunique o fallo do seu centro, momento no que identificará o premiado.
  4. O prazo de entrega do sobre de cada centro a Estrada Micolóxica  rematará o venres 9 de novembro.
  5. O xurado estará compostos por 4 representantes de Estrada Micolóxicae por un pintor local recoñecido.
    1. Os traballos presentados poderán publicarse, individual ou colectivamente,  na web https://estradamicoloxica.wordpress.com e publicacións que realice a Estrada Micolóxica.

O fallo darase a coñecer coa apertura da mostra micolóxica o 14 de novembro.  Os premios entregaranse ao longo da degustación na clausura da mostra o sábado 17.

Advertisements

One thought on “Bases do II Concurso escolar de debuxo micolóxico

  1. Pingback: Actividades do Outono 2012 | Estrada Micolóxica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s