José Luís Tomé: “Cantarelus”

Nesta charla sobre Cantarelus, José Luís Tomé explicounos cada un dos tipos de Cantharellus y Craterellus. Comentounos un pouco de taxonomía e toxicoloxía, para mostrarnos que o xénero Cantharellus é un dos máis sas que hai xa que apenas acumula metais pesados.

Tamén nos comentou que segundo as últimas investigacións recoméndase arrincar os cogomelos, pinzándoos coidadosamente.

Ao final da charla dounos algunha receita de cociña. José Luís comentounos que este xénero non é aconsellable para o secado e a conxelación, non porque non se poida senón porque perden o seu aroma e sabor. El pensa que a mellor forma de conservalos co seu sabor é facéndoos nun recheo para uns canelóns.

 

En esta charla sobre Cantarelus, José Luís Tomé nos explicó cada uno de los tipos de Cantharellus y Craterellus. Nos comentó un podo de taxonomía y toxicología, para mostrarnos que el género Cantharellus es uno de los más snos que hay ya que apenas acumula metales pesados.

También nos comentó que segun las últimas investigaciones se recomienda arrancar las setas, pinzándolas cuidadosamente.

Al final de la charla nos dió alguna receta de cocina. José Luís nos comentó que este género no es aconsejable para el secado y la congelación, no porque no se pueda sinó porque pierden su aroma y sabor. Él piensa que la mejor forma de conservarlos con su sabor es haciéndolos en un relleno para unos canelones.

Advertisement

Bases do II Concurso escolar de debuxo micolóxico

Co obxectivo de contribuír á divulgación da micoloxía en xeral e, en particular, de familiarizar  á poboación escolar co mundo dos cogomelos e cos seus ecosistemas, e de formar no respecto ao patrimonio natural e  paisaxístico, a asociación Estrada Micolóxica  convoca  a primeira edición  do Concurso escolar de debuxo micolóxico para o alumnado de 6º curso de primaria dos colexios da Estrada que se rexerá polas seguintes bases:

  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria matriculados nos colexios do municipio da Estrada.
  2. Convócase un único premio para cada colexio participante. O xurado concederao escollendo entre os diferentes traballos presentados por cada centro.

O premio, igual para os diferentes centros, consistirá nun pequeno lote con material axeitado ás saídas de campo dun afeccionado á micoloxía.

  1. Entre os premiados de cada colexio escollerase un gañador final cuxo  premio consistirá en reproducir o seu debuxo como motivo do cartel das xornadas micolóxicas do ano 2013.
  2. No marco da convocatoria  “II concurso escolar de debuxo micolóxico” o motivo, a técnica compositiva e o formato serán libres, fixándose como formato máximo o DIN A3.
  3. Os traballos serán recollidos por un profesor do centro nun sobre co nome do mesmo. O profesor encargarase de numeralos elaborando unha relación cos nomes dos autores correspondentes que gardará ata que o xurado lle comunique o fallo do seu centro, momento no que identificará o premiado.
  4. O prazo de entrega do sobre de cada centro a Estrada Micolóxica  rematará o venres 9 de novembro.
  5. O xurado estará compostos por 4 representantes de Estrada Micolóxicae por un pintor local recoñecido.
    1. Os traballos presentados poderán publicarse, individual ou colectivamente,  na web https://estradamicoloxica.wordpress.com e publicacións que realice a Estrada Micolóxica.

O fallo darase a coñecer coa apertura da mostra micolóxica o 14 de novembro.  Os premios entregaranse ao longo da degustación na clausura da mostra o sábado 17.