José M. Costa: “Usos mediciñais dos Gasteromicetos”

Escollemos a J.M. Costa, compañeiro do grupo micolóxico Pan de Raposo (da Costa da Morte), para a charla de clausura. Con el puidemos descubrir os usos que se lles deron aos fungos ao longo da Historia. Descubrimos o efecto antiséptico do Licoperdon perlatun e outros Gasteromicetos, o efecto retardante á hora de facer lume da isca (Ungulina fomentaria), a bruxería unida ao consumo dalgún tipo de cogomelo agaricoide (Paneolus inocybes), o puritanismo do século XVII cara o fungo Fallus impudicus, etc.

Esta charla foi amenizada con algunhas bromas de Costa e ensinounos que os cogomelos son algo máis que un complemento para un bo prato.

Deixar un comentario