Obxectivo.
O obxectivo de este concurso é incentivar a participación no mundo da micoloxía, e a fotografía como medio de difusión e coñecemento dos fungos.
As fotografías presentadas no concurso de esta edición terán como temática: “Os fungos e o entorno que os rodea”
Premio.
Existirá un único premio para a mellor fotografía, que consistirá nun fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural de A Estrada.
Condicións.
1- Poderán participar todas as persoas físicas sen discriminación de ningún tipo.
2- Cada concursante so poderá presentar unha única fotografía.
3- A fotografía terá un tamaño de 15×20 e presentarase montada nunha cartolina, cun tamaño comprendido entre o dobre e o triplo do tamaño da fotografía.
4- A fotografía deberá levar un título e o pseudónimo do autor por detrás da cartolina. Ademais entregarase nun sobre pechado, no que figure pola parte exterior do sobre o título da fotografía e o pseudónimo do autor, a seguinte información: nome e apelidos, enderezo electrónico e teléfono de contacto.
5- A fotografía e o sobre presentado non poderán levar ningún distintivo ou sinatura que poida identificar a súa autoría.
6- As fotografías presentadas serán orixinais e inéditas e non se admitirá ningunha fotografía con retoques dixitais.
7- As fotografías entregadas pasaran a formar parte do arquivo fotográfico da Asociación A Estrada Micolóxica, cedendo os seus dereitos para ser expostas e facer uso delas en publicacións da Asociación A Estrada Micolóxica.
Prazos.
Os traballos poderán presentarse no IES Antón Losada Diéguez, Rúa da Cultura nº2, A Estrada, Pontevedra, 36680; ata o 31 de Outubro, inclusive.
A resolución do concurso farase durante a clausura das actividades de outono da Estrada Micolóxica. A persoa gañadora será comunicada por vía telefónica.
A Asociación porase en contacto coa persoa gañadora para facerlle entrega do premio.
Xurado.
O xurado estará composto por representantes da Asociación A Estrada Micolóxica e unha persoa profesional da fotografía de A Estrada.
A participación neste concurso implica a total aceptación das bases.