Cartel 2017

Imaxe

Cartel-2015_calidade-alta

Advertisements

Bases do VII Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico

Co obxectivo de contribuír á divulgación da micoloxía en xeral e, en particular, de familiarizar  á poboación escolar co mundo dos cogomelos e cos seus ecosistemas, e de formar no respecto ao patrimonio natural e  paisaxístico, a asociación Estrada Micolóxica  convoca  a terceira edición  do Concurso escolar de debuxo micolóxico para o alumnado de 6º curso de primaria dos colexios da Estrada que se rexerá polas seguintes bases:

  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria matriculados nos colexios do municipio da Estrada.
  2. Convócase un único premio para cada colexio participante. O xurado concederao escollendo entre os diferentes traballos presentados por cada centro.

O premio, igual para os diferentes centros, consistirá nun pequeno lote con material axeitado ás saídas de campo dun afeccionado á micoloxía.

  1. Entre os premiados de cada colexio escollerase un gañador final cuxo  premio consistirá en reproducir o seu debuxo como motivo do cartel das xornadas micolóxicas do ano 2016.
  2. No marco da convocatoria  “V concurso escolar de debuxo micolóxico” o motivo, a técnica compositiva e o formato serán libres, fixándose como formato máximo o DIN A3.
  3. Os traballos serán recollidos por un profesor do centro nun sobre co nome do mesmo. O profesor encargarase de numeralos elaborando unha relación cos nomes dos autores correspondentes que gardará ata que o xurado lle comunique o fallo do seu centro, momento no que identificará o premiado.
  4. O prazo de entrega do sobre de cada centro a Estrada Micolóxica  rematará o luns 9 de Novembro.
  5. O xurado estará compostos por 4 representantes de Estrada Micolóxica e por un pintor local recoñecido.
    1. Os traballos presentados poderán publicarse, individual ou colectivamente,  na web https://estradamicoloxica.wordpress.com e publicacións que realice a Estrada Micolóxica.

A resolución do concurso farase durante a clausura das actividades de outono da Estrada Micolóxica.

Bases do VI Concurso Fotográfico da Estrada Micolóxica

Obxectivo.

O obxectivo de este concurso é incentivar a participación no mundo da micoloxía, e a fotografía como medio de difusión e coñecemento dos fungos.

As fotografías presentadas no concurso de esta edición terán como temática: “Os fungos e o entorno que os rodea”

Premio.

Existirá un único premio para a mellor fotografía, que consistirá nun fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural de A Estrada. (coa colaboración da Asociación de Turismo Rural e Ocio Mar de Compostela)

Condicións.

1-      Poderán participar todas as persoas físicas sen discriminación de ningún tipo.

2-      Cada concursante poderá presentar 3 fotografías.

3-      A fotografía terá un tamaño libre e presentarase montada nunha cartolina, cun tamaño de 30x40cm.

4-      A fotografía deberá levar un título e o pseudónimo do autor por detrás da cartolina.

5-      Nun sobre aparte e pechado incluirase unha nota na que constará o nome e apelidos, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico. Dito sobre levará no seu exterior o título e o pseudónimo do autor.

6-      A fotografía e o sobre presentado non poderán levar ningún distintivo ou sinatura que poida identificar a súa autoría.

7-      As fotografías presentadas serán orixinais e inéditas e non se admitirá ningunha fotografía con retoques dixitais.

8-      A fotografía gañadora pasara a formar parte do arquivo fotográfico da Asociación A Estrada Micolóxica, cedendo os seus dereitos para ser exposta e facer uso dela en publicacións da Asociación A Estrada Micolóxica.

Prazos.

Os traballos poderán presentarse no IES Antón Losada Diéguez, Rúa da Cultura nº2, A Estrada, Pontevedra, 36680; ata o 24 de novembro, inclusive.

A resolución do concurso farase durante a clausura das actividades de outono da Estrada Micolóxica. A persoa gañadora será comunicada por vía telefónica.

A Asociación porase en contacto coa persoa gañadora para facerlle entrega do premio.

Xurado.

O xurado estará composto por representantes da Asociación A Estrada Micolóxica e unha persoa profesional da fotografía de A Estrada.

A participación neste concurso implica a total aceptación das  bases.